
AUXILIAR ADMINISTRATIVO SERGAS
Nacionalidad: Tener la nacionalidad española o de algún país miembro de la UE.
Edad: Tener cumplidos los 16 años y no exceder de la edad de jubilación forzosa.
Titulación: estar en posesión del graduado en ESO, ciclo medio o equivalente
Habilitación No padecer enfermedad, ni estar afectado por limitaciones físicas o psíquicas que le impidan el desempeño de las correspondientes funciones.
Parte común.
Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
Tema 7. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas institucións sanitarias.
Tema 8. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Parte específica
Tema 1. Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.
Tema 2. Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta aos tratamentos dos datos persoais e a libre circulación destes datos. Conceptos básicos de seguridade e privacidade de datos de carácter persoal no manexo de información e dos sistemas de información.
Tema 3. Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido.
Tema 4. Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación. Afiliación, cotización e recadación. Acción protectora: continxencias protexibles e réxime xeral de prestacións.
Tema 5. Estrutura orzamentaria. Pagamentos en firme e a xustificar. A ordenación do gasto e do pagamento, órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Ideas básicas e xerais de contabilidade financeira e orzamentaria.
Tema 6. Os contratos do sector público: lexislación aplicable. Ámbito de aplicación. Os contratos do sector público. Configuración xeral da contratación do sector público e elementos estruturais dos contratos.
Tema 7. Cadro de persoal: concepto. Selección de persoal estatutario temporal. Tipos de nomeamento. Confección de nóminas.
Tema 8. O acto administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e anulables. A Administración electrónica.
Tema 9. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo. Responsabilidade das administracións públicas.
Tema 10. Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.
Tema 11. As subministracións. Subministracións internas e externas. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
Tema 12. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao público: acollida e información ao/á usuario/a.
Tema 13. Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.
Tema 14. Informática: o ordenador; dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o microprocesador; soportes informáticos.
Tema 15. Sistemas operativos máis frecuentes. Os seus elementos comúns. Administrador de arquivos. Administrador de impresión. Impresoras.
Tema 16. Ofimática: procesador de textos; folla electrónica de cálculo (Libreoffice); gráficos de oficina; axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.
EJERCICIOS
Según la convocatoria anterior:
1º Exercicio (eliminatorio):
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.
- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
3er Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos
Exentos/as Celga 3